Un curso máis, o equipo de biblioteca elaborou unha serie de actividades co obxectivo de animar á comunidade educativa do noso centro a introducirse no mundo da lectura e da escritura.
Comezamos este boletín destacando a labor dalgúns alumnos e alumnas que se prestaron a colaborar nas tarefas da biblioteca: rexistrando, catalogando, etiquetando, forrando, poñendo en orde os estantes, ….
O comezo do curso estivo marcado pola mochila viaxeira, na cal había varios libros, tendo en conta sempre o nivel do alumnado ao que ía dirixida. Deste xeito, podíamos ler libros en castelán, en galego ou en inglés; tamén había un DVD sobre o mundo dos animais, e un libro dirixido aos maiores da casa. E, ademais, podíamos anotar as nosas impresións nun caderno.
Tamén
traballamos sobre o outono, elaborando un mural con distintas poesías e textos
referidos a esta estación. Os máis pequenos fixeron follas para decorar todos
estes traballos, os cales figuran expostos na entrada da biblioteca.
Por último, pensamos que
necesitábamos unha mascota para a nosa biblioteca. Entón, puxemos en marcha un
concurso no que participou todo o colexio:
, e no que o gañador, foi ………..
Naiara e a súa mascota “Mucha”! Felicidades Naiara!
Ningún comentario:
Publicar un comentario