martes, 17 de decembro de 2013

Postais de Nadal e Mascota de Biblioteca.

Ola a tod@s!!  Nesta época o cole está cheo de concursos, e é que como a maioría sabedes, estamos a buscar as mellores postais de Nadal e  a mascota para este ano da biblioteca!
Para a elección dos premios establecemos dous xurados: Junquera, Irene e Carmen foron o xurado das "Postais de Nadal", mentres que o "equipo de dinamización de biblioteca" foi o encargado de escoller á mascota da biblioteca.

Queremos aproveitar este espazo para darlles moitas grazas a tod@s os membros de ámbolos dous xurados porque non o tiveron nada fácil!

Nos vindeiros días tod@s sabremos quen foron os afortunados, pero mentres tanto aquí vos deixamos fotografías dos corredores da pranta baixa e do primeiro piso, para que poidades valorar vós mesmos as mascotas e as postais!




mascotas biblioteca - foto montaje




SORTE A TOD@S!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf