venres, 27 de marzo de 2015

Excursión a Santiago

O pasado 18 de marzo fumos de excursión a Santiago, pasando por Padrón para coller o tren.
Primeiro fumos ao "Museo de Historia Natural". Dani contounos moitas cousas sobre os animais e os seus hábitats. En xeral gustounos todo o museo!
Despois fumos a comer á Alameda de Santiago, e aproveitamos para ver as "dúas Marías" (coas que sacamos unhas fotos) , os cisnes e os patos no estanque  e xogamos un pouco no parque.
Por último visitamos o "Parlamento de Galicia". Alí explicáronnos como funciona o parlamento e visitamos as diferentes estancias que alí había.
Foi unha excursión moi entretida e onde aprendimos moitas cousas.

Andrea Pérez e Melisa Touriñán (6º de primaria).

P.D.: Deixámosvos de novo as fotos, por se aínda non as vístedes!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf