Como o oídes! Dende a biblioteca están a buscar unha nova mascota para este curso! Así, cada neno e nena do cole poderá deseñar a mascota que imaxina para a nosa biblioteca e, se quere, poñerlle un lema. Aquí temos a mascota gañadora do ano pasado, "Milucho, el gato que lee mucho", de Alicia!
Ademais dende a biblioteca xa está posta en marcha a "Mochila viaxeira". Como por agora os libros non teñen ás para poder chegar as vosas casas, dende a biblioteca énchense oito mochilas con libros en distintos idiomas para que os poidades disfrutar en familia. Esperemos que disfrutedes moito con esta actividade!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario