Aquí estamos, traballando a deshora para organizar o festexo das Letras Galegas de este ano 2016.
Este ano, celebraremos as Letras Galegas realizando unha Ginkana por todo o colexio con probas que os alumnos teñen que superar sobre autores homenaxeados, sobre as Letras Galegas ou sobre actividades en galego. Ímolo pasar xenial!!
Como tod@s sabedes, este ano a persoa homenaxeada é Manuel María Fernández Teixeiro, un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega.
Esta semana o noso colexio encherase de carteis, información, tarxetas, música ... sobre Manuel María e demais autores que foron homenaxeados no seu día.
Aquí vos deixamos un enlace por si queredes saber un pouco máis de este poeta.
A celebración da Ginkana será o mércores día 18 de maio. NON FALTEDES!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario