Hai días que, entre as idas e as vindas
de luz, a rutina adoita facerse máis
complexa … Neses días temos que deixar
voar a imaxinación e a creatividade
e dedicarnos a outras cousas! Onte foi un deses días, e en Infantil A decidimos
contarvos un dos nosos contos favoritos: “A eiruga larpeira”. Foi a nosa primeira gravación, e por iso
estabamos algo nerviosos pero... non me digades que non o fixeron xenial!! Foi unha
pena que non estiveran todos no cole... pero outro día faremos máis cousas todos
xuntos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario