Tal día coma hoxe, pero no ano 1837, nacía en Santiago de Compostela a recoñecida poetisa Rosalía de Castro. Dende aquí queremos "celebrar" o seu aniversario recollendo un dos seus poemas máis famosos, "Negra Sombra", do libro "Follas Novas" (1880) musicado por Carlos Núñez e interpretado por Luz Casal.
"Negra Sombra"
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras
Ningún comentario:
Publicar un comentario