Na mañá do luns o
alumnado de 6º, 4º e 3º de primaria
emprenderon a súa viaxe cara “O mar na escola”.
Despois de recibir na semana anterior unas clases de teoría sobre o que
ían aprender e facer, onte montaron no autobús cheos de ganas, nervios, inquedanzas
e, por qué negalo, algún medos.
Ao chegares ao seu
destino, os maiores que xa participaran nesta gran actividade no pasado curso,
estiveron practicando como remar, e despois montaron nos “kayak” pola ría de Corcubión.
Por outra banda, aos
nenos e nenas de 3º e 4º, estivéronlles
explicando diversidade de cousas necesarias para poder, posteriormente, montar
na lancha para axudar a montar o barco de vela e poñerse a navegar.
Pasárono en grande,
aínda que con algún que outro despiste debido á inexperiencia que seguro, nas
vindeiras ocasións, non ocorrerá!
Aquí vos deixamos unhas
cantas fotos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario