luns, 1 de decembro de 2014

A RECICLAXE

A principio de curso tivemos unha charla sobre a reciclaxe. Contáronos moitísimas cousas, así que a continuación ensinámosvos un traballo feito por  Érica (4º de primaria) a partires desa charla. 

A RECICLAXE

A reciclaxe é importante para o planeta.
Con isto podemos manter limpas e coidar as paisaxes que nos rodean e vivir nun planeta con menos contaminación.
Reciclar consiste en separar a basura en catro contedores diferentes: o amarelo, o verde, o azul e o verde escuro.
- Amarelo:  no contedor amarelo van os bricks de zume, leite, batidos, etc. Tamén van latas de refrescos, envases de flan, iogur e outros.
- Azul: no contedor azul vai o papel e o cartón.
-Verde: no contedor verde vai o vidro, por exemplo, as botellas de viño, anís...
- Verde escuro: no contedor verde escuro van os restos de comida: mondas de patacas, mondas de plátanos... Este contedor debe estar o máis vacío posible.Todos eses restos de comida despois de uns meses convértense en compost que é un estupendo esterco para as nosas leiras. 

Todos temos que reciclar para ter un planeta mellor no que vivir.



Moi ben Érica! Agora quedounos todo moito máis claro! Sen esquecernos de meter as pilas nos contedores vermellos que hai en distintos establecementos, e de levar os obxectos grandes (frigoríficos, televisións, lavadoras...) aos puntos limpos!












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf