domingo, 28 de decembro de 2014

A prehistoria


Durante todo este trimestre na aula de Infantil B estivemos a traballar a prehistoria. Foi un tempo curto e intenso, no que os nenos e nenas se adrentaron en tempos remotos nos que a vida era moi diferente ao que coñecemos hoxe en día.
Aprenderon moitísimas cousas a cerca dos homes e mulleres desta época, a través da lectura de contos, da búsqueda de información en libros de texto ou na rede, e do visionado de historias. Se pinchades aquí podedes ver un dos moitos contos que traballamos na clase para traballar o tema.
Ao longo de todo este tempo fixemos diversidade de actividades, nas que nos achegamos algo máis aos "trogloditas".

Como ben sabedes, os prehistóricos non tiñan ceras para colorear, eles mesmos eran os que facían as súas pinturas empregando elementos da natureza. O noso primeiro contacto con este tipo de pinturas foi a través da terra e do café. Con estes dous elementos, e mesturados con crema ou aceite corporal, fixemos as nosas primeiras pinturas rupestres e empregamos para pintar paus. Aquí vos deixamos unhas fotos de todo o proceso.

Despois de traballar coa terra e o café quixemos dar un paso máis adiante. A cor marrón está ben, e o cafe deixa un olor moi agradable... pero fixándonos nas pinturas rupestres observamos que non son empregaban cores marróns. De onde obtiñan as outras cores?  Eles empregaban o óxido dos ferros, a terra, minerais... e mesturados coa graxa dos animais obtiñan as súas pinturas. Para pintar nas paredes das súas cavernas empregaban as propias mans luxadas con esas mesturas, ou incluso empregaban pinceis elaborados coas crinas de animais.  Nesta ocasión, no cole empregamos pigmentos de cores marrón e amarela, e ademais tamén colorante alimenticio de cor laranxa. Os primeiros mesturados con crema corporal, e o colorante mesturado con auga e fariña. Quixemos facer como eles, e deixar as pegadas das nosas mans no papel. Para iso nós empregamos o pincel e unhas pallas de refrescos a modo dos ósos ocos que eles empregaban para disparar a pintura. Sen embargo, non tiñamos a técnica tan depurada coma eles e tivemos que  conformarnos con manchar as mans e deixar manchas de pintura sobre as cartolinas.






A pesar de que non temos fotos, tamén fixemos debuxos con anacos de carbón que recollemos despois do magosto. Quedáronnos super chulos!

Pero ademais da pintura, tamén traballamos outras técnicas.
Con barro fixemos pequenos pratos ou vasillas. Déronnos moitísimos traballo, pero a que nos quedaron bastante ben? O problema e que ao non estar cocidas no forno, son algo fráxiles!




E por último queremos ensinarvos tamén algunhas fotos destes colares tan fermosos que fixemos. Como ben sabedes, os prehistóricos tamén se querían poñer guapos e guapas. Realizaban colares con cousas que había no medio ambiente: rochas, pedras preciosas, cunhas, ósos e dentes de animais ... Pois nós non íamos ser menos! Empregamos o barro que nos sobrara da actividade anterior para darlle forma a estas cousas. Fixemos colmillos, ósos, cunchas e pedras que coloreamos de verde para darlle un toque de cor aos nosos colares. Estábamos guapísimos!!




E por último queremosvos ensinar a tod@s como quedou a porta da nosa aula. Unha entrada espectacular a un mundo que deixou de existir como tal hai milleiros de anos: a prehistoria. 







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf