xoves, 25 de febreiro de 2016

25 de febreiro, Día Internacional do Implante Coclear

Hoxe celébrase o día do implante coclear.
Tal día como hoxe no ano 1957 concretábase un dos avances médicos máis importantes: realizábase o primeiro implante coclear.
Trátase dunha intervención quirúrxica sinxela que consiste na implantación dun dispositivo electrónico co que as sinais acústicas transfórmanse en impulsos eléctricos que estimulan o nervio auditivo e envían o sonido ao cerebro.
Despois da operación, os usuarios non só recuperan a capacidade auditiva, senón que poden falar con máis claridade e comprender o lenguaxe con facilidade. Mellor calidade de vida, unha vida mellor.
O gran problema sigue sendo a dificultade que existe para acceder a este marabilloso avance. O seu custo é un luxo e non está ao alcance de calquera.
Por iso, o CEIP Santa Eulalia de Dumbría súmase á campaña de MARCHOS LECHET:  "PONTE LAS PILAS"
Dende aquí pedimos a entidades e políticos que se poñan as pilas, e que fagan as prótesis auditivas accesibles para todo o mundo.
OIR É UN DEREITO, NON É UN NEGOCIO!!
Se queredes contribuir a que os audífonos sexan máis accesibles, só tendes que acceder a change.org (implantes cocleares) e firmar co voso nome. Cantos máis mellor!!
Nós xa o fixemos!! A que esperades?

Se queredes ter máis información aquí vos deixamos un vídeo.


Tamén adxuntamos un precioso corto sobre unha nena que quer ser bailarina a pesar das circunstancias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf