O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 1 ao 20 de marzo. As solicitudes poderán realizarse de xeito telemático a través da aplicación "admisionalumnado" da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou poden presentarse no propio centro.
A normativa do proceso está contemplada pola Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017.
Na páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/ centros/ ceipsantaeulaliadumbria/ ) poderás acceder directamente á plataforma telemática e descargar o formulario de matrícula.
Ningún comentario:
Publicar un comentario