O pasado venres toda Dumbría foi invadida por Astérix e Obélix! Pero... non viñeron sós! Moi ben acompañados doutras intrépidas personaxes dos seus cómics: romanos, vikingos, o circo romano, e os exipcios! Todos eles pasearon para dar vida as rúas da vila e posteriormente tomaron un rico chocolate qunte no colexio! Así de guapos e guapas lucía o noso alumnado.
Moitísimas grazas a tod@s os que nos acompañástedes nese día facéndo o paseo máis ameno e ao concello por esas chuches tan ricas!
E como non podía ser doutro xeito, MOITÍSIMAS GRAZAS á ANPA do cole que nos alegraron o día con eses doces tan marabillosos!
E como non podía ser doutro xeito, MOITÍSIMAS GRAZAS á ANPA do cole que nos alegraron o día con eses doces tan marabillosos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario