martes, 22 de decembro de 2015

Festival Benéfico e Plurilingüe de Nadal

Aquí vos deixamos, despois dun longo e duro proceso de montaxe o vídeo coas fotografías do festival. Había máis de cinco centas fotos e o vídeo ao principio duraba máis dunha hora! Logramos reducilo a uns vintecinco minutiños... e esperamos que non teña moitos fallos! Disfrutádeo! 

Queremos aproveitar este momento tamén para dar as grazas. 
-Grazas aos nenos e nenas do cole de Dumbría, sodes estupendos, e sen vós isto non sería posible.
-Grazas ás familias que viñéstedes ver o festival e que nos acompañades cun gran soriso durante todo este proceso, que nos comprendedes, que nos apoiades, e que non dubidades nin un só momento das nosas boas intencións.
-Grazas aos tod@s os que vos achegástedes cos vosos alimentos, ou os que non podiades vir e nolos fixéstedes chegar igualmente. Grazas a iso haberá familias que teñan de seguro unhas mellores festas.
-E un GRAZAS moi especial ao concello de Dumbría, que non só nos facilitou a pedazo casa da cultura de Olveira, senón que tamén nos transportou ata alí varias veces, nos levou os materiais que non nos collían nos coches e puidemos contar con parte do seu persoal que nos facilitou moitísimo o traballo e sen eles non sería posible: Ana e compañía, MOITÍSIMAS GRAZAS!



P.D.: Á volta das vacacións procuraremos subir tamén algún vídeo, mais a nosa cámara quedou sen bateria mentres estaba a discurrir o festival, a ver se algunha mamá ou algún papá nos puidera pasar os vídeos que nos faltan... á volta dirémosvos cales son. Moitas grazas anticipadas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf