"Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma
quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."
Estas son as primeiras verbas do libro "Memorias dun neno labrego", que seguro lestedes a maioría de vós.. É unha obra maestra da literatura galega, o máis lido de toda a nosa literatura e foi traducido a moitísimos idiomas (castelán, inglés, italiano, alemán, chinés, ruso...). Mais o seu autor, Xosé Neira Vilas, xa non poderá escribir máis obras coma esta, pois desgraciadamente finou na tarde do venres 27.

Foise un dos bos e xenerosos, unha persoa
comprometida co noso idioma; unha persoa que che abria as portas da súa casa
simplemente a cambio de falar longo e tendido; unha persoa que vivía por e para
a nosa cultura; unha persoa que non dicía que non ás propostas de achegarlle á
literatura aos nen@s e aos moz@s.
E disto damos boa conta no noso cole, xa que fai uns anos tivemos o placer de contar con el nunha das "Semanas do Libro".
Xa era maior, e o profe Dani foi a buscalo e a levalo ata a súa casa, en Gres, Vila de Cruces (Pontevedra), e de seguro que podería contar moitas anéctodas desa viaxe, como por exemplo que quixo ir ver cómo estaba o mar co temporal en Cee para poder ensinarllo á súa sobriña, que tamén os acompañaba nesa viaxe.
Dende agora apreciaremos aínda máis, se cabe, a dedicatoria que nos escribiu o día que nos visitou e que temos colgada no corredor da pranta baixa do cole.

Foto de arquivo: Revista escolar "Cousiñas". Edición 2011/2012. |
Xa era maior, e o profe Dani foi a buscalo e a levalo ata a súa casa, en Gres, Vila de Cruces (Pontevedra), e de seguro que podería contar moitas anéctodas desa viaxe, como por exemplo que quixo ir ver cómo estaba o mar co temporal en Cee para poder ensinarllo á súa sobriña, que tamén os acompañaba nesa viaxe.
Dende agora apreciaremos aínda máis, se cabe, a dedicatoria que nos escribiu o día que nos visitou e que temos colgada no corredor da pranta baixa do cole.
O único consolo que nos queda do seu
pasamento, é que alí onde estea, poderá unirse coa súa amada Anisia.
Que a terra che sexa leve, mestre!
Ningún comentario:
Publicar un comentario