martes, 21 de xaneiro de 2014

Papel reciclado!

No pasado trimestre estivo co alumnado de cuarto curso Noelia, unha alumna en prácticas do Grado de Maxisterio. Durante este tempo, ademais de moitas outras cousas, estivo elaborando connosco un proxecto na área de "coñecemento do medio" relacionado coa reciclaxe e o medio ambiente. 
Por iso decidimos facer papel reciclado! Explicámosvolo paso a paso. 

Precisamos:
- papel usado
-auga (mellor se está quente)
-recipiente grande
-bastedor con reixa
-batedor
-teas e rodillo

1º- Cortamos o papel vello en anaquiños pequenos.

 


2º- Engadimos auga quente. 

                    


3º- Pasámoslle o batedor ata obter unha pasta homoxénea e deixamos repousar.


4º- Poñemos a masa no recipiente e extendemos.


 5º- Deixamos escorrer ben a auga, e cubrimos con teas. Para quitarlle mellor a auga e estiralo ben, podemos axudarnos cun rodillo de pintor. Unha vez cuberto coa tea, quitamolo do recipiente e dámoslle a volta. Neste momento pódense poñer flores ou outros elementos decorativos.





 6º- Deixamos secar.

 7º- Aquí temos listo o noso papel!

2 comentarios:

  1. Grazas por deixarnos ver o que fan os nosos nen@ seguide así .Saúdos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aledámonos de que vos guste! E que nolo contedes!!

      Dende aquí so vos queremos facer un pouco máis partícipes do que é a súa vida na escola, e que vexades que é algo máis que "ler e escribir". Un saudo!

      Eliminar

Autumn Leaf