luns, 5 de maio de 2014

Os maios

Hoxe en Infantil A tivemos un pequeno debate debido a unha imaxe que aparece no noso calendario. Era o primeiro día de maio na escola, e os pequenos preguntábanse por qué aparecía "unha árbore de Nadal" no mes de maio, senon era Nadal!


Con este pequeno debate, a profe viuse na obriga de explicarlles que o que alí saía non era unha árbore, senon un maio.

Os maios, ou a festividade dos maios, é unha tradición ancestral que se celebra no sur de Galiza (sobre todo a zona de Ourense e Vigo e Pontevedra) entre finais de abril e principios de maio na que se vén a celebrar a entrada na primavera e o próximo verán. Para iso a xente realiza grandes estruturas, normalmente de forma cilíndrica, que posteriormente adornarán con flores, follas, fiúncho ,  fento, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. Tamén se adoita facer cánticos ou bailes ao redor do maio. Ademais é moi frecuente ver os coches ou as portas das casas con adornos florais, sobre todo xestas para "espantar os malos espíritos" e atraer a boa sorte.


Unha vez que nos informamos do que eran, decidimos facer o noso particular maio. Non tiñamos nin estrutura, nin adornos pero si moita imaxinación. Uns cantos papeis de cores en formas de bolas foron máis que suficientes para decorar o noso maio. Así foi como nos quedou, que vos parece?


Deixámosvos tamén este vídeo con imaxes sobre os maios e a canción de Luís Emilio Vatallán, "Aí vén o maio", que visualizamos na clase para facernos un pouco máis á idea.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf