Este
ano para celebrar o fin de curso todo o cole vai a ir de excursión ao parque
zoolóxico “Marcelle natureza” en Outeiro de Rei, Lugo.
Vai a
ser un día moi intenso para tod@s, xa que comezará cun gran madrugón para estar
no cole ás 8:45 da mañá! Pero merecerá moito a pena! E ata as 19:30 h. (aprox.)
non estaremos de volta por Dumbría!
Son moitísimos
os animais que alí imos ver, e por iso
será fundamental levar roupa e calzado cómodos e unha gorra para o sol!
(esperamos que faga un día estupendo!). Ademais, tamén teredes que levar unha
mochila para meter o xantar e algo para merendar, que estas saídas dan moita
fame!
Nin que
dicir ten que é unha excursión moi esperada por tod@s, e en moitas das aulas
todos os días contamos os días que faltan para a saída!
Aquí
podedes atopar algo de información sobre o parque, pero aos que ides ir, recoméndovos
que non a visitedes, para que sexa máis grande a sorpresa! Que nervios!!
Bos dias, que ben o van a pasar, seguro que se lle fai moi curto.
ResponderEliminarAs mochilas da comida e da merenda van a cargar con elas durante toda a visita, ou soamente as ides dar para comer??
Un saúdo, espero que se divirtan e que fagades moitas fotos
Perdoa que non respondéramos antes, pero andivemos moi liad@s e nin o vimos! Nos próximos días subiremos algunhas fotos das que fixemos para que poidades velas na casa.
Eliminar