venres, 4 de abril de 2014

Volcáns en erupción!

Como ben sabedes, os nenos e nenas de infantil, estivemos a traballar no segundo trimestre os dinosaurios. En entradas anteriores xa vos ensinamos como eramos paleontólogos e desta vez quixemos ir máis alá! Como xa estudamos, os científicos afirman que que unha das causas da extinción dos dinosauros podería ser as erupcións volcánicas, así que decidimos investigar algo máis como era esto dos volcáns.

 Grazas á profe Emma e aos nosos ex-compañeiros de infantil e que agora están en primeiro, puidemos contar cun volcán caseiro que fixemos entrar en erupción. Queredes saber como? Pois podedes velo aquí

É unha pena non contar cun vídeo do momento no que fixeron esto mesmo os nenos e nenas de primeiro, pero xa nos enteramos que ademais de este método empregaron outro! Ai! Que ben o pasamos na escola!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf