Estes días de calor e vacacións son os máis axeitados para tomar algo ben fresquiño e saudable. Por iso en Educación Infantil aprendemos a facer batidos de fresa e plátano! Queredes saber como?
É moi doado, pero recordade facelo sempre coa axuda dun adulto!
Batido de fresa.
Ingredentes.
- aproximadamente 750 gr de fresas.
- azucre
-1 litro de leite
Elaboración.
Preparar as fresas quitándolles o rabo e cortándoas en anacos. Engadimos azucre para que as fresas solten a auga e metemos na neveira (mínimo 20 minutos). Metemos as fresas no vaso da batidora, e batemos. Unha vez todo triturado, coamos para apartar as pepitas. Botámolo xa xerra e engadimos o leite ben fresquiño.
Batido de plátano.
Ingredentes
-aproximadamente 750 gr de plátanos
- 1 litro de leite.
Elaboración.
Picar os plátanos en anacos pequenos para que sexa máis doado trituralos. Metemos no vaso da batedora e engadimos un chorro de leite, para facilitar a trituración. Unha vez ben triturado, botámolo na xerra e engadimos o resto de leite.
*En ámbalas dúas receitas se pode substituir algo de leite por iogur.
**Para decorar nós empregamos barquillo e virutas de cores e de chocolate.
E a beber ben fresquiño! Unha receita ben sinxela, fresca para estes días de calor e sobre todo moi sá! Unha maneira moi divertida de tomar froita!
O día que a fixemos tivemos varias profes moi interesadas en probar a nosa receita, e debía estar ben boa porque quixeron repetir! Ata puidemos invitar aos nenos e nenas de primeiro ciclo!
Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario