venres, 17 de abril de 2015

O primeiro día de vela

O luns 13 foi o primeiro día de vela. Os novatos tiveron que ir nun barco de vela chamado "Gamba". Neste barco fomos Denís, Manuel, Óliver, Adrián, Ismael, José Manuel e o monitor Álex. Noutro barco, chamado "Raquero" foron Claudia, Andrea, Melisa, Raúl, Marcos, Érika , Xurxo e a monitora Noemí.
Os que xa foron o ano pasado decidiron ir en kayak, pero houbo unha rapazas que quixeron formar unha tripulación de vela. 
Estivemos tres horas navegando! No momento de chegar ao muelle deixáronnos tirar á ría. Tirámonos dende moitas alturas diferentes. Cando acabamos marchamos para o cole. 
Pasámolo xenial...ogallá que fose todos os días!
Incluso houbo algunhas nais que estaban moi preocupadas, e foron a espiar aos fill@s. 

-Manuel Lema García-.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf