martes, 14 de abril de 2015

As sementes do aguacate de Roi.

A cociñeira Irene un día, xa fai moito tempo, deulle a Roi unha semente de aguacate. El e os nenos e nenas da súa clase plantárona nun vaso con auga. Para suxeitalo no vaso, puxéronlle uns palillos, porque senón, caería e afogaríase. Uns días máis tarde, coa axuda de Uxía, María, Aarón, Juan e Anxo, Roi transplantou a semente do aguacate para unha maceta. Tiveron que botarlle terra e auga, e deixárona na aula de infantil durante unha semana para que lle dera o sol. Os nenos e nenas de infantil coidaron o aguacate, e regárono de vez en cando. A semente de aguacate comezou a brotar e creceu, creceu, creceu ata ter un punto largo verde, como podedes ver na foto. Agora Roi levará a maceta e a semente para a súa casa. Xa nos contará como sigue medrando. Veremos que pasa?


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Autumn Leaf