Hai casi un mes, os nenos e nenas de segundo curso estabamos estudando os polígonos. A profe Emma ocorréuselle a idea de construir unha cidade de polígonos. Así que nos trouxo un xogo cunhas formas diferentes e comezamos a crear. Días máis tarde, os nenos e nenas de primeiro axudáronnos a facer máis formas. E este é o resultado. Esperamos que vos guste.
Lucía Fernández Santabaya e Iago Larrañaga Ledo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario