Que andarán tramando os nen@s de 4 e 5 anos?? Pronto poderedes sair de dúbidas...
xoves, 30 de abril de 2015
martes, 28 de abril de 2015
O mar na escola
Onte os maiores volveron a ter outra xornada en Corcubión no programa "O mar na escola". As profes Pepita e Lúa déixannos estas instantáneas e uns vídeos moi divertidos!
luns, 27 de abril de 2015
At the zoo
E nesta ocasión, son os nenos e nenas de segundo que nos interpretan "At the zoo". Unha mesma historia contada en tres ocasións!
The film star
As nenas e o neno de quinto de primaria, interpretan a historia "The film star".
Quen será a estrela afortunada??
venres, 24 de abril de 2015
Día do Libro
O 23 de abril celébrase o día do libro. E con este motivo os nenos e nenas de segundo baixaron ata infantil para contarnos o conto de "Max o valente". Fixérono xenial, e foi moi divertido! Moitas grazas chic@s!
E aproveitando que "ía de contos" a Teacher Bea tamén nos contou varias historias... en inglés!! E entendímolo todiño!!
The oldest pupil
"The oldest pupil", unha historia baseada en feitos reais interpretada en inglés polo alumnado de sexto.
venres, 17 de abril de 2015
O primeiro día de vela
O luns 13 foi o primeiro día de vela. Os novatos tiveron que ir nun barco de vela chamado "Gamba". Neste barco fomos Denís, Manuel, Óliver, Adrián, Ismael, José Manuel e o monitor Álex. Noutro barco, chamado "Raquero" foron Claudia, Andrea, Melisa, Raúl, Marcos, Érika , Xurxo e a monitora Noemí.
Os que xa foron o ano pasado decidiron ir en kayak, pero houbo unha rapazas que quixeron formar unha tripulación de vela.
Estivemos tres horas navegando! No momento de chegar ao muelle deixáronnos tirar á ría. Tirámonos dende moitas alturas diferentes. Cando acabamos marchamos para o cole.
Pasámolo xenial...ogallá que fose todos os días!
Incluso houbo algunhas nais que estaban moi preocupadas, e foron a espiar aos fill@s.
-Manuel Lema García-.
mércores, 15 de abril de 2015
Como aprender os prismas.
Hai casi un mes, os nenos e nenas de segundo curso estabamos estudando os polígonos. A profe Emma ocorréuselle a idea de construir unha cidade de polígonos. Así que nos trouxo un xogo cunhas formas diferentes e comezamos a crear. Días máis tarde, os nenos e nenas de primeiro axudáronnos a facer máis formas. E este é o resultado. Esperamos que vos guste.
Lucía Fernández Santabaya e Iago Larrañaga Ledo.
Lucía Fernández Santabaya e Iago Larrañaga Ledo.
martes, 14 de abril de 2015
As sementes do aguacate de Roi.
A cociñeira Irene un día, xa fai moito tempo, deulle a Roi unha semente de aguacate. El e os nenos e nenas da súa clase plantárona nun vaso con auga. Para suxeitalo no vaso, puxéronlle uns palillos, porque senón, caería e afogaríase. Uns días máis tarde, coa axuda de Uxía, María, Aarón, Juan e Anxo, Roi transplantou a semente do aguacate para unha maceta. Tiveron que botarlle terra e auga, e deixárona na aula de infantil durante unha semana para que lle dera o sol. Os nenos e nenas de infantil coidaron o aguacate, e regárono de vez en cando. A semente de aguacate comezou a brotar e creceu, creceu, creceu ata ter un punto largo verde, como podedes ver na foto. Agora Roi levará a maceta e a semente para a súa casa. Xa nos contará como sigue medrando. Veremos que pasa?
"The enormous carrot" & "Fly, kite, fly"
Aquí vos deixamos dous vídeos dos nenos e nenas de primeiro practicando en inglés. Duas historias moi divertidas.
Well done!
domingo, 5 de abril de 2015
Arrecende a primavera!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)