Os nenos e nenas de primeiro reliazamos coa profe Emma estes atardeceres. Para iso empregamos pinturas pasteis machacadas e as nosas propias mans como pinceis. Quedounos así de chulo!!
mércores, 30 de abril de 2014
Semana do Libro (V)
Como
Soledad Felloza non puido asistir, os nenos e as nenas de Educación Infantil,
xunto ao alumnado de 1º curso, tivemos a oportunidade de gozar dunha
representación de “Pulgarcito” por parte dos nosos compañeiros de 6º, dirixidos
polo seu titor, Emilio:
Tamén
fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso de contos. Na clase de
3-4 anos, a gañadora foi Eva Costa París:
E grazas á axuda prestada polas
profesoras de Educación Infantil, Alba e Ángeles, máis pola profesora de
inglés, Bea.
E sobre todo, moitas grazas ao profe Dani por facer posible esta semana do libro coa que todos disfrutamos tanto!
Semana do Libroi (IV)
O 25 de abril os nenos e as nenas de
primeiro ciclo estivemos coa escritora Rocío Leira.
Comezamos escollendo tres palabras que viñan
nunha bolsa que trouxo Rocio. Con estas palabras tiñamos que facer un conto, e
ao final, un debuxo sobre o mesmo.
Cando
rematamos todos, formamos unha fila e fomos lendo as nosas creacións:
No segundo curso, a gañadora foi Ainhoa Trillo Pousa:
Por último, fixemos unha foto de todo o ciclo, xunto coas nosas titoras, Emma de 1º e Sonia de 2º, que nos estiveron axudando a facer os contos:
Semana do Libro (III)
O 24 de abril foi un xoves especial, pois viñeron á biblioteca do colexio dous
escritores, Miguel Mato e Artur Trillo.
Con
Miguel, os nenos e as nenas de 5º e 6º, estivemos falando sobre un conto seu
chamado “Xope de Lilaina”, que trata dun boneco que se volve persoa porque se namora
doutra boneca.
Para
rematar a sesión, fixemos entrega do premio ao gañador do concurso de contos de
5º, que foi Denís Pazos Lema:
Tamén
lle fixemos entrega dun regalo a Miguel, agradecendo a súa visita:
Logo
da visita de Miguel, os nenos e as nenas de 6º estivemos con Artur Trillo, o
cal explicounos como era o mundo do teatro, como interpretar un texto, …
Para
rematar a sesión, fixemos entrega do premio do gañador do concurso de contos de
6º, que foi para Sergio Trillo Vieites:
Tamén
lle entregamos un detalle a Artur Trillo, agradecendo a súa visita:
E moitas grazas á titora de
5º, Silvia, ao titor de 6º, Emilio, e a profe Nuria, pola axuda prestada para a
celebración desta V Semana do Libro.
Semana do Libro (II).
23 de abril, os nenos e as nenas de segundo
ciclo estivemos con Suso Bahamonde. Fixemos as seguintes actividades:
Suso
dounos un debuxo e mandounos inventar un diálogo, segundo o que nos transmitira
a ilustración. Despois, cada un de nós leu a súa creación:
Na
seguinte actividade estivemos completando un poema escrito por Suso, titulado
Game Over e, despois, comparamos co orixinal.
A
continuación, fixemos dous grupos. Suso entregou un poema, partindo as
estrofas, de xeito que uns tiñan os versos do principio e outros os do final, e
así formamos un poema entre todos:
Na
última actividade, Suso entregounos un folio en branco a cada grupo. Ditou dúas
palabras, “amizade” e “lúa”; cada un fai unha frase e, logo, segue o seu compañeiro, continuando así o conto ata que
chega ao do principio, que é o que remata.
Sen
tempo para máis, Suso entregou o premio do gañador do concurso de contos de 4º,
que foi para Eloy Fernández Santabaya:
E
tamén lle fixemos entrega a Suso dun detalle por vir á Semana do Libro do noso
colexio:
Así
demos por finalizado esta sesión, cunha foto de grupo:
Semana do Libro. (I)
O 22 de abril, visitounos a segundo ciclo, a
escritora María Lado.
Dividiunos
en varios grupos, os cales tiñamos que pensar algunha historia que viramos na
televisión ou nalgún libro. Despois, cada grupo, ía contando a súa historia aos demais.
A
continuación, tivemos que inventar un conto a partir dunha frase que María nos
dicía. E, por último, iniciamos un conto dicindo todo o que fixemos pola mañá
ata chegar ao colexio, para despois ler en alto e continuar o conto cunha frase
que nos dixo María e que valía para ampliar e rematar a nosa historia.
Para
rematar a visita, María deu a coñecer o gañador do concurso de contos en
terceiro, que foi Carlos Costa Carabel:
E
tamén tivemos un detalle con María, para agradecerlle a súa visita:
Esta
é a foto de familia de segundo ciclo con María Lado:
Na
foto faltan as titoras de 3º (Aurora Meitín Rouco) e de 4º (Josefa Toba
Quintáns), que participaron activamente nesta semana do libro.
martes, 22 de abril de 2014
V SEMANA DO LIBRO
Hoxe deu comezo á "V semana do libro" no cole, con un montón de actvidades para que os nenos e nenas disfruten e se acheguen un pouquiño máis a este gran descoñecido. En vindeiras entradas xa vos contaremos algunha cousiña máis do que ocorreu durante esta semana!
xoves, 17 de abril de 2014
Ao rico batido!
Estes días de calor e vacacións son os máis axeitados para tomar algo ben fresquiño e saudable. Por iso en Educación Infantil aprendemos a facer batidos de fresa e plátano! Queredes saber como?
É moi doado, pero recordade facelo sempre coa axuda dun adulto!
Batido de fresa.
Ingredentes.
- aproximadamente 750 gr de fresas.
- azucre
-1 litro de leite
Elaboración.
Preparar as fresas quitándolles o rabo e cortándoas en anacos. Engadimos azucre para que as fresas solten a auga e metemos na neveira (mínimo 20 minutos). Metemos as fresas no vaso da batidora, e batemos. Unha vez todo triturado, coamos para apartar as pepitas. Botámolo xa xerra e engadimos o leite ben fresquiño.
Batido de plátano.
Ingredentes
-aproximadamente 750 gr de plátanos
- 1 litro de leite.
Elaboración.
Picar os plátanos en anacos pequenos para que sexa máis doado trituralos. Metemos no vaso da batedora e engadimos un chorro de leite, para facilitar a trituración. Unha vez ben triturado, botámolo na xerra e engadimos o resto de leite.
*En ámbalas dúas receitas se pode substituir algo de leite por iogur.
**Para decorar nós empregamos barquillo e virutas de cores e de chocolate.
E a beber ben fresquiño! Unha receita ben sinxela, fresca para estes días de calor e sobre todo moi sá! Unha maneira moi divertida de tomar froita!
O día que a fixemos tivemos varias profes moi interesadas en probar a nosa receita, e debía estar ben boa porque quixeron repetir! Ata puidemos invitar aos nenos e nenas de primeiro ciclo!
Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica!
venres, 11 de abril de 2014
PLANTAMOS CARBALLOS - PROXECTO: "O MONTE VIVO"
Facendo
caso ás sabias palabras da premio nobel da paz, Wangari Maathai, que afirma:
PLANTACIÓN DE CARBALLOS - Video Maker
Ata que caves un
buraco, plantes unha árbore, a regues e a fagas vivir, non fixeches nada.
Os nenos e nenas de Dumbría plantamos no
colexio, tres dos nosos carballos que sementamos e coidamos durante meses con
tanto cariño para que medren fortes e sanos, onde teñen que estar, no campo.
Aquí podedes ver unhas imaxes dese fermoso
momento.
PLANTACIÓN DE CARBALLOS - Video Maker
Por certo, as árbores afortunadas que
quedarán para sempre no colexio foron as de Sergio, Yéssica e Isabel, a quen
vedes nas imaxes cada un deles coa súa árbore.
Dende aquí, en nome de todos os nen@s e profes que participamos na plantación, moitas gracias chic@s, sin vós isto non sería posible!
xoves, 10 de abril de 2014
luns, 7 de abril de 2014
The king of the jungle
Os nenos e nenas de primeiro interpretan a historia "The king of the jungle". Non me digades que non o fan ben!!
venres, 4 de abril de 2014
Volcáns en erupción!
Como ben sabedes, os nenos e nenas de infantil, estivemos a traballar no segundo trimestre os dinosaurios. En entradas anteriores xa vos ensinamos como eramos paleontólogos e desta vez quixemos ir máis alá! Como xa estudamos, os científicos afirman que que unha das causas da extinción dos dinosauros podería ser as erupcións volcánicas, así que decidimos investigar algo máis como era esto dos volcáns.
Grazas á profe Emma e aos nosos ex-compañeiros de infantil e que agora están en primeiro, puidemos contar cun volcán caseiro que fixemos entrar en erupción. Queredes saber como? Pois podedes velo aquí.
É unha pena non contar cun vídeo do momento no que fixeron esto mesmo os nenos e nenas de primeiro, pero xa nos enteramos que ademais de este método empregaron outro! Ai! Que ben o pasamos na escola!
xoves, 3 de abril de 2014
Primavera??
Como xa sabedes, xa fai uns días que entrou a primavera, pero polo menos en Dumbría debe estar escondida por algures! Os nenos e nenas de primeiro pídena a berros, e como así a primavera non entende, quixeron facerlle unha homenaxe: mirade con que mural tan bonito decoraron o corredor! A que está xenial!?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)