Como seguro que a maioría de vós xa sabedes, o pasado día 24 celebrouse o nacemento de Rosalía de Castro baixo o lema #EuSonRosalía. Por iso, no cole, estivemos traballando moito sobre a autora e a gran aportación que fixo para a nosa cultura. Deixámosvos unhas fotos das "flores para Rosalía" que fixeron os nenos e nenas de infantil B. Quedáronlles estupendas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario