Como seguro que a maioría de vós xa sabedes, o pasado día 24 celebrouse o nacemento de Rosalía de Castro baixo o lema #EuSonRosalía. Por iso, no cole, estivemos traballando moito sobre a autora e a gran aportación que fixo para a nosa cultura. Deixámosvos unhas fotos das "flores para Rosalía" que fixeron os nenos e nenas de infantil B. Quedáronlles estupendas!
xoves, 26 de febreiro de 2015
martes, 17 de febreiro de 2015
luns, 16 de febreiro de 2015
Venres de Entroido
E aquí vos deixamos as fotos do último día de Entroido no noso cole. A climatoloxía impediu realizar o tradicional paseo polas rúas da vila, e tivemos que quedarnos toda a mañá no cole, pero iso non impediu que o pasáramos en grande! E iso que ata nos fallou en varias ocasións a música!
Ademais, aproveitando que tiñamos a dúas estupendas Cupidos no cole, xa repartimos algunhas das cartas que se depositaron no buzón do amor que temos no cole. Ainda estades a tempo de enviarlle a calquera persoa do cole a vosa carta de amor!
Por certo, pais, nais e demais familia, se queredes podedes compartir con nós as fotos que vós sacástedes! Se así o desexades, nós estariamos encantados de compartilas a través do noso blog! Podedes envialas a santaeulaliadedumbria@gmail.com
Nos vindeiros días, os vídeos! Estade atentos!!
sábado, 14 de febreiro de 2015
Mandadiños do xoves
E o último mandato, antes de vir disfrazados ao cole... algo na cabeza, algo nos pes, diferentes zapatos e... bata ou pixama! Quen cómodos e quentiños estivemos!
Proximamente ensinarémosvos algúns videos e fotos do venres!
luns, 9 de febreiro de 2015
Mandadiños do luns
Hoxe, como xa sabedes, había que empezar a cumplir os mandadiños do tradicional meco. E por ser o primeiro día, tivemos que vir con algo na cabeza. Así de guapos e guapas viñemos! Que vos parece?
E recordade, se non queredes enfadar ao meco, mañá traede algo no pescozo! Gravatas, colares, bufandas, boas de plumas, lazos, panos...calquera cousa vale!
venres, 6 de febreiro de 2015
Chega o Entroido!
O luns comeza a tan querida semana do Entroido! E como todos os anos, polo cole xa apareceu o noso mandadiño! Que é o que temos que facer para o próximo día de cole se queremos que non se enfade!? Traer algo posto na cabeza! Así que xa sabedes... calquera cousiña vale!
Murais sobre a paz
Aquí vos deixamos algunhas fotos dos murais que fixemos polo día da paz. Á vez, todos os nenos e nenas de primaria por unha banda, e os de infantil por outra, fixeron estes murais nos que, con debuxos e frases, deixaban mensaxes de paz. Quedoulles estupendo!
martes, 3 de febreiro de 2015
One love (II)
Aquí estamos tod@s os nen@s do cole entoando a canción de Bob Marley que vos dixemos en posts anteriores. Esperemos que vos guste!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)