E como estamos traballando para celebrar o día da Paz, estamos decorando o noso corredor. Puxemos na entrada do cole unha pequena exposición con algúns libros que tratan sobre distintos valores: amizade, igualdade, cariño...
Ademais, algúns nenos do cole déronlle cor con acuarelas a estes tres debuxos de tres persoas representativas da paz en todo o mundo: Martin Luter King, Teresa de Calcuta e Mahatma Gandhi. Aínda non sabedes quen son? Pois podedes pulsar encima dos seus nomes para ter algo máis de información sobre eles.
Tamén en alternativa os nenos e nenas de cuarto fixeron este traballo, no que sinalaron aspectos sobre a vida de Malala e de Kailash.
Ningún comentario:
Publicar un comentario