venres, 31 de xaneiro de 2014
Sleeping beauty
Os nenos e nenas de terceiro cóntannos esta historia en inglés: Sleeping beauty. Que divertido!
luns, 27 de xaneiro de 2014
Día da paz.
O
vindeiro día 30 celébrase o “Día escolar da non violencia e da paz”. Nesta
xornada conmemórase o pasamento de Mahatma Gandhi líder nacional espiritual
da India, e en Galicia celebrouse por primeira vez no ano 1983, da man do
Catedrático da Universidade da Coruña Xesús Jares, unha das autoridades máis
recoñecidas no campo. Deixámosvos aquí unha conferencia deste autor tan
interesante.
O Equipo de Biblioteca , conxuntamente co Equipo
de Dinamización da Lingua Galega, elaboraron a seguinte guía de lectura pola
paz.
LIBROS PARA EDUCACIÓN
INFANTIL
LIBROS PARA O PRIMEIRO
CICLO
LIBROS PARA O SEGUNDO CICLO
LIBROS PARA O TERCEIRO
CICLO
OUTRAS
SUXERENCIAS
·
Darién,
Juan. “A guerra dos números”. Editorial OQO.
·
Sebastián,
Alberto. “Capitán Calabrote”. Editorial Kalandraka.
·
Sánchez,
Gloria. “A galiña da paz”. Editorial Rodeira-Edebé.
·
Morandeira,
Luísa. “Valentino “. Editorial OQO.
venres, 24 de xaneiro de 2014
Carreira!
Hoxe por fin puido levarse a cabo a carreira de campo a través en Cee! Noraboa a tod@s por participar, e dende aquí unha especial noraboa para Diana, Melisa, Jessica, Lucía, José Antonio e Carlos, que trouxeron seis medallas para o cole. A seguir así chic@s!
martes, 21 de xaneiro de 2014
Papel reciclado!
No pasado trimestre estivo co alumnado de cuarto curso Noelia, unha alumna en prácticas do Grado de Maxisterio. Durante este tempo, ademais de moitas outras cousas, estivo elaborando connosco un proxecto na área de "coñecemento do medio" relacionado coa reciclaxe e o medio ambiente.
Por iso decidimos facer papel reciclado! Explicámosvolo paso a paso.
Precisamos:
- papel usado
-auga (mellor se está quente)
-recipiente grande
-bastedor con reixa
-batedor
-teas e rodillo
1º- Cortamos o papel vello en anaquiños pequenos.
2º- Engadimos auga quente.
3º- Pasámoslle o batedor ata obter unha pasta homoxénea e deixamos repousar.
4º- Poñemos a masa no recipiente e extendemos.
5º- Deixamos escorrer ben a auga, e cubrimos con teas. Para quitarlle mellor a auga e estiralo ben, podemos axudarnos cun rodillo de pintor. Unha vez cuberto coa tea, quitamolo do recipiente e dámoslle a volta. Neste momento pódense poñer flores ou outros elementos decorativos.
6º- Deixamos secar.
7º- Aquí temos listo o noso papel!
martes, 14 de xaneiro de 2014
Visita de Papa Noel
Ola a todos! Aqui vos deixamos as
fotos da visita que Papa Noel nos fixo ao cole. Estamos guapisimos!
martes, 7 de xaneiro de 2014
Xoaniñas
Ensiámosvos aquí outra actividade plástica feita polos alumn@s de cuarto de primaria... si é que son uns artistas!!
Recordatorio!
Esperamos que os Reis
Magos se portaran con vós como merecedes, e que sobre todo viñeran cargados de
ledicia, ganas de traballar e moita moita ilusión!
Recordámosvos que a volta ó cole será o próximo XOVES 9!
A
disfrutar do pouco que vos queda!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)