Este blog pretende ser a xanela que amose ao mundo o que acontece no CEIP Santa Eulalia de Dumbría... Un espazo no que, tanto alumnado como profesorado, iremos contando que é o que pasa no cole.
Deixámosos aquí unhas cantas fotos do festival de Nadal que celebramos o pasado mércores! Non temos fotos da chocolatada, pero si do xantar do día anterior, onde comimos de marabilla!
Como vén sendo tradición xa no noso cole, este ano tamén realizamos un concurso de postais de Nadal. Este ano establecemos catro categorías: infantil, primeiro e segundo, terceiro e cuarto, e quinto e sexto. As postais de Educación Infantil foron realizadas no fogar coa axuda das súas familias, e dende aquí lle queremos dar as grazas a todas elas pola súa participación!
Aquí vos deixamos un vídeo con todas as postais participantes, e mañán no festival sabremos os gañadores. Moita sorte a tod@s!
Estamos de estreo! Hoxe publicamos nas redes sociais a "película" de "Maruxa", unha curtametraxe baseada no conto de OQO co mesmo nome. Esta historia está protagonizada por Maruxa e Pepiño, unha parella que vive na aldea dun xeito moi peculiar: Maruxa labra, cose e varre e Pepiño folga canta e durme, ata que un bo día... algo pasa para que muden as cousas!
Queredes ver que ben interpretan os nenos e nenas de 3 e 4 anos a Pepiño e a Maruxa? De seguro que vos sorprende! Ogallá o mundo estivera cheo de Maruxas coma estas, que se prantan para que o mundo sexa mellor!
Desexamos que vos guste e que aprendades moito con el. E esperamos que perdoedes os erros que poida ter, hai momentos que non se escoita moi ben, pero para moitos de nós é a nosa primeira película.
E se queredes ver o conto orixinal, nós atopamos na rede este vídeo, onde uns nenos e nenas doutro cole contan a mesma historia.