Este blog pretende ser a xanela que amose ao mundo o que acontece no CEIP Santa Eulalia de Dumbría... Un espazo no que, tanto alumnado como profesorado, iremos contando que é o que pasa no cole.
Os nenos e nenas de 3º de primaria realizan unha divertida historia dunha clase que vai de excursión a un zoo. Alí, un neno faise amigo dun mono. Comprobade que ocorre con ese mono tan peculiar!! Son estupendos imitando, actuando e por suposto speaking in English. MARVELLOUS!!
Tan pequenos e tan grandes falando in English!Menuda pronunciación! Que artistas! Esta é unha historia de un sol e un vento que loitan por descubrir quen é o máis forte. Ao final gaña o sol, que ademais de forte é o máis listo. Marabillosa interpretación destos nenos e nenas de 2º de primaria. Comprobádeo!!
En Infantil A estamos a traballar os sentimentos e as emocións. "Nin un biquiño á forza "é un conto que fala dun feito que realizamos para amosar algúns dos nosos sentimentos: os bicos. Hai miles de formas de dalos, pero tamén podemos optar por non facelo! Que importante é saber dicir que non queremos dar ou recibir un bico!!
Os que máis nos gustaron de todos foron os "bicos de papel". Así que quixemos facelos, e escribimos "unha carta" con un bico (tivemos que pintar os beizos, cousa que a algunha que outra cativa lle pareceu máis que estupendo!) para alguén a quen nós lle queriamos moito e nese momento non lle podíamos dar un bico. Algún xa sabía quen ía a ser o seu destinatario, mais outros aínda non o tiñan moi claro, así que a carta ía sen nome para poder darlla despois a quen nós quixeramos!
Nas fotos non se aprecian os bicos, pero saímos nós, que tamén somos importantes! Haha
E dende aquí mandamos outros bicos, os "cibernéticos" enviados dende o cole con moito cariño para Iria e Pablo que hoxe non viñeron ao cole! Muuuuak!
Os maiores do cole representan unha historia dúas veces na que grazas a un can, Ron fai un excelente traballo de ciencias. Mirade que ben o fan!! They are wonderful, and the dog too, hehehehhe
O alumnado de 5º de primaria demóstranos na clase de Lengua Castellana como nos podemos comunicar soamente con xestos, miradas, posturas ou expresións faciais. Desta maneira descubren a importancia da comunicación non verbal. Estos nenos tamén nos demostran que ás veces poderíamos evitar as palabras e que con só os ruídos de choros ou risas podemos expresar situacións anímicas. Mirade este vídeo e comprobade que as poucas palabras que usan non son necesarias para entender o que nos queren dicir.
Hai cousas que se escapan do "curricular", pero é que nós xa sabemos que se achega o Samaín e non nos podemos resistir!
Encántanos estas datas, e sobre todo porque está permitido asustar a quen se nos poña por diante sen que poidan botarcho en cara... hehehe.
Aproveitando que nos mandaron material nunhas caixas ben grandes quixemos aproveitar ata o envoltorio! A quen quixemos asutar? Teredes que ver o vídeo para sabelo!
O marabilloso alumnado de 4º de primaria interpreta unha historia na que un neno que chega tarde ao colexio non atopa a súa clase por ningún lado. Nin na aula de música, nin no ximnasio, nin na biblioteca... Mirade os vídeos e descubride onde estaba. Que ben o pasamos!! Que risas!! They are excellent in English!
Tres nenas de 3º de primaria realizan un "Roleplay" in English.
Recordade que un "Roleplay" é unha técnica ou dinámica de un grupo de persoas, as cales representan unha situación ou un caso concreto da vida real, actuando segundo o papel que se lles asigne, de tal forma que así sexan capaces de afrontar situacións similares nun futuro.
É unha das mellores maneiras de aprender un idioma estranxeiro.
Actrices, bailarinas, cantantes... a clase de 4º de primaria préstase ao que faga falta. Son unhas artistazas e artistazo!! Comprobade como cantan in English! School is cool!!
“Tito perdeu o seu nariz” é un dos
contos máis graciosos que limos en moito tempo!
É a historia da estrela do
circo que nunha actuación de malarabes perde o seu gran nariz vermello!
Nós non
conseguimos narices vermellos, pero fixemos paiasadas con narices verdes, que
son os narices que usan os paiasos cando están aprendendo a profesión antes de
poder traballar no circo.