Pero como sabedes no cole este ano hai moitos cambios, e non damos atendido ás novas tecnoloxias! Así que polo de agora teremos esto algo a desmán... De todos modos, iremosvos achegando información de interese!
- INICIO DE CURSO: Será xoves día 10, en horario de 9:30 a 15:15, con servizo de comedor (empezamos con ganas o novo curso!)
- Tendes no cole os impresos para solicitar a AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR, que tendes que entregar no colexio debidamente cumprimentado antes do 1 de outubro.
- Recordade tamén que tedes que cubrir o formulario do comedor, por se aínda hai alguén despistado!
Para calquera dúbida, podedes chamarnos por teléfono ou achegarvos ao cole, que os profes xa andamos por aquí.
A acabar de disfrutar do verán!