Este ano en
Halloween pasámolo xenial, ata houbo algún que outro choro. Celebramos
Halloween os días 28,29 e 30 de outubro. Foi o mellor Halloween da historia!
Decoramos todo o cole de forma monstruosa.
As profes Alba,
Emma e Bea foron as encargadas de contarnos historias aos grandes. A primeira
deu moitísimo medo. Algúns nenos ata choraron!
 |
Un tolo andaba solto polo cole |
Na segunda non
pasamos tanto medo, aínda que houbo algún rapaces que tiveron que marchar por
medo.
 |
Oli (Emma) e Sara (Bea) foron as protagonistas desta historia, onde unha nena travesa arriscase a xogar cunha nena morta... |
Algúns rapaces de 6º e 5º contáronlles historias aos máis pequenos.
Manuel e Claudia contáronlle as historias aos de infantil; Marcos e Melisa
contáronllo a 1º, 2º e 3º; e Eloy e Adriana contáronllo a 4º. A primeira deu
tanto medo que os pequenos arrimábanse cara atrás, e as demais tamén tiveron os
seus momentos de medo.
 |
Marcos e Melisa |
 |
Claudia e Manuel |
 |
Eloy e Adriana |
Tamén vimos unha
película de medo “Frankenweenie”. Vímola en inglés. “It was fantastic and
awesome!”. En resumo , pasámolo de medo.
Manuel Lema
García, 6º de primaria.


 |
"Sara" tamén foi de visita por outras aulas do cole. |
 |
"Maruxa de Berdeoghas" foi a protagonista da primeira historia que as profes lle contaron aos nen@s. |
 |
Esta é a preciosa cabaza que fixeron as cociñeiras para decorar o comedor! |
 |
O último día, levamos as cabazas que decoraban o cole por distintas partes do concello |
 |
Os afortunados en coller a cabeza tiveron algún que outro premio! |
 |
Galletas realizadas polos nenos de 1º,2º e 4º. |
 |
E os nenos e nenas de terceiro fixeron pantasmas e morcegos! |