Este blog pretende ser a xanela que amose ao mundo o que acontece no CEIP Santa Eulalia de Dumbría... Un espazo no que, tanto alumnado como profesorado, iremos contando que é o que pasa no cole.
Dende o CEIP Santa Eulalia de Dumbría poñemos en coñecemento de todos os pais/nais do alumnado que as clases darán comezo o vindeiro mércores, día 10 de setembro ás 10:00h. e rematarán as 12:00h.
Ás 12:15h. haberá unha reunión para tratar temas de interese xeral.
O día 11 seguirase o horario habitual, de 9:30h a 14:30h. O servizo de comedor abarcará dende as 14:30h ata as 15:15h.
@s profes xa estamos de volta polo cole, e que sorpresa levamos ao chegar! Mirade que bonita nos estan deixando a escola!! A que está preciosa?
Xa sabedes que aínda que o cole non empeza ata o día 10, nós estaremos por aquí traballando arreo e cargando as pilas para este novo curso, así que se tedes algunha dúbida ou necesitades algo, xa sabedes onde atoparnos!
Disfrutade dos poucos días que vos quedan, e estade atentos que vos seguiremos informando!