Boas vacacións a tod@s! Disfrutádeas o máximo posible, esperámosvos en setembro!!
luns, 30 de xuño de 2014
luns, 23 de xuño de 2014
A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza
Seguro que moitos de vós xa coñecedes este espectacular conto...pero nunca o puidéstedes ver así de ben feito! Mirade aquí aos maiores de infantil representándoo! A que están xenial!?
domingo, 22 de xuño de 2014
Sistema solar
Como xa sabedes, en infantil dedicámoslle todo o terceiro trimestre a traballar o espacio, e queremos deixarvos aquí un par de cousiñas que fixemos.
Este é o resultado do último obradoiro de cociña, no que representamos con diversas froitas o sistema solar!
E por aquí vos deixamos o sistema solar que puxemos no cole, que moitos de vós xa puidestedes ver, pero para aqueles que non vos pasades polo cole! Dende aquí queremos agradecer a todas fas familias de infantil a súa implicación ao longo do proxecto, e de maneira especial á familia de Eva, por axudarnos con este gran sistema solar!
sábado, 21 de xuño de 2014
E colorín colorado...
este conto, está acabado!
E non falo só do curso e do inicio das tan desexadas vacacións... senón desa historia que fai anos comezaron os nenos e nenas que este venres finalizaron a súa etapa na educación primaria. Noraboa!!Foi un día cheo de despedidas e de bágoas, mais esperemos que estes nenos e nenas nos visiten no vindeiro curso... Chic@s, botarémosvos moito de menos!! Esperamos que vos vaia todo xenial na vosa nova andaina polo instituto, xa que así o merecedes, porque o que máis vos caracteriza como grupo, é o bos compañeir@s que sodes, e sendo así, ides chegar moi lonxe! Ata a próxima!
Ei carballeira!
O pasado xoves tivemos un día moi intenso! Fumos a pasar a mañá na carballeira de Berdeogas, un entorno moi fermoso no que pasar un día cheo de ocio! Os maiores fixeron a pé os poucos kilómetros que á separan da escola, e os máis pequenos puideron subir ata alí en autobús.
Alí nenos e nenas xogaron no parque, ao fútbol, ao brilé, ao pano, a trepar polas costas e ata tirarse a rolos! Foi un día moi intenso e divertido!
sábado, 14 de xuño de 2014
Traballos de sexto
Aquí vos deixamos algúns dos traballos que os nenos e nenas de sexto fixeron na clase de plástica. Son uns auténticos artistas!!
martes, 10 de xuño de 2014
Ata o infinito, e máis alá!
Non imos ir tan lonxe como "Buzz Lightyear" en "Toy story", pero os nosos cohetes feitos con tubos de papel de cociña e papel hixiénico van a facer voar a nosa imaxinación e con eles convertirémonos en pequenos astrounautas! Que vos parecen? A verdade é que nos levou moito tempo facelos pero... encántannos!
Visita a Marcelle
Non foi sen tempo! Despois de moitos intentos e diversidade de "erros técnicos" por fin aquí vos podemos deixar algunhas instantáneas de o noso paso por Marcelle. Seguro que na casa os nenos e nenas xa contaron o ben que o pasamos, porque a verdade e que foi unha moi boa excursión!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)