Este blog pretende ser a xanela que amose ao mundo o que acontece no CEIP Santa Eulalia de Dumbría... Un espazo no que, tanto alumnado como profesorado, iremos contando que é o que pasa no cole.
mércores, 9 de marzo de 2016
Charla sobre reciclaxe!
Xa fai uns cantos días que os nenos e nenas de 3º,4º, 5º e 6º tivemos unha charla sobre o coidado do noso planeta por parte do "Grupo Soil", onde trataron aspectos moi importantes sobre a defensa do mendio ambiente. Puxeron moito énfase na separación dos residuos orgánicos e inorgánicos para a boa reciclaxe dos mesmos.
Seremos quen de poñer en práctica todo o que ali aprendemos? Esperemos que si! No cole xa o estamos facendo, agora tócavos na casa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario